Con motivo da vixencia do Regulamento Xeneral de Protección de Datos 2016/679 (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitales (LOPDGDD), procedeuse a actualizar a presente política de privacidade. A continuación, facilítase información vinculada aos tratamentos de datos levados a cabo por LORENA PENAS REY.
1. MARCO NORMATIVO APLICABLE.
Sen carácter exhaustivo, identifícase como operante o seguinte marco normativo:
En relación coa protección de datos personais:
Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos personais e á libre circulación de ditos datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (RXPD).
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
En relación coa sociedade da información e telecomunicacións:
Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.
Lei 9/2014, do 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións.
2. RESPONSABLE DO TRATAMIENTO.
O responsable do tratamento dos seus datos de carácter persoal é LORENA PENAS REY, con NIF 44091636S e domicilio en Calle Alfonso Rodríguez Castelao 16, entreplanta (36680 A Estrada).
Email: lorenapns@gmail.com
Tel.: 619831957
3. FINALIDADE DO TRATAMENTO.
Con carácter xeral, os seus datos persoais serán utilizados e tratados para poder relacionarnos con vostede (o interesado) e poder prestar os servizos ofertados e acordados. Así mesmo, tamén poderán ser tratados para outras finalidades e actividades; como, por exemplo, de xestión administrativa, atención de solicitudes, consultas e propostas, de tipo estatístico ou de estudo, de arquivo, xestión de candidaturas e RRHH, xestión de queixas e suxestións (incluíndo tamén servizos de postvenda e fidelización), para o cumprimento de obrigas legais, de promoción con habilitación ou información xeral.
Neste sentido, en todos os nosos formularios e solicitudes, entre outras cuestións, incluíuse un apartado onde se lle informa de maneira clara e sinxela sobre a finalidade e dereitos relacionados cos seus datos de carácter persoal.
Non obstante, pode consultar información adicional sobre as finalidades específicas, solicitándoa no email lorenapns@gmail.com.
4. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO.
O tratamento dos datos de carácter persoal está baseado nun ou varios dos supostos recollidos no o artigo 6.1 e, se é o caso, 9.2 do Regulamento Xeral de Protección de Datos:
O tratamento dos datos é necesario para a execución dun contrato; sendo imposible o cumprimento do mesmo sen tal tratamento. Tamén poderán ser tratados para a aplicación de medidas precontractuais a petición do interesado.
En determinados supostos, o tratamento dos datos de carácter persoal estará baseado no consentimento válidamente outorgado; podendo este ser retirado en calquiera momento sen que afecte os tratamentos realizados con anterioridade.
O tratamento dos datos persoais tamén poderá ser necesario para a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento ou por un terceiro (en tales supostos xustificarase a situación causante).
Noutros supostos, o tratamento dos datos será necesario para o cumprimento de obrigas legais ou dunha misión realizada no interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
No caso de que actúe algún outro suposto habilitador do tratamento concreto a efectuarse, o interesado ou afectado será debidamente informado a este respecto.
5. PROCEDENCIA E CATEGORÍAS DOS DATOS TRATADOS.
Os datos persoais que tratamos na presente entidade adoitan proceder directamente do interesado. No caso de que nalgún suposto fosen obtidos a través doutras fontes, facilitaríase a información oportuna sobre tal procedencia, así como das categorías dos datos afectados.
6. PRAZO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS.
Conservaremos os seus datos mentres sexan necesarios para realizar os trámites e xestións encomendados, así como para executar as demais finalidades causantes e, en todo caso, tendo en conta os prazos legalmente esixidos.
Unha vez que xa non consten como activos, procederemos á supresión e destrucción dos mesmos ou, se é o caso, conservaremos os datos bloqueados, sendo accesibles unicamente por Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes para a esixencia das posibles responsabilidades nacidas do tratamento, durante o prazo de prescrición destas. Cumprido este segundo prazo, procederíase entón á destrucción dos mesmos. Todo isto e, se é o caso, cumprindo co art. 32 da LOPDGDD.
7. DESTINATARIOS: CESIÓNS DE DATOS E TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS.
Como motivo de cesión e comunicación, poderán ter coñecemento dos seus datos de carácter persoal aquelas entidades públicas ou privadas:
Ás cales esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais para o cumprimento dalgunha disposición legal.
A razón da satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento ou por un terceiro.
Para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
En favor da execución contractual e/ou do cumprimento do encargo profesional acordado.
No caso de que, á marxe dos supostos comentados, comuniquemos xustificadamente a súa información persoal a outras entidades, solicitaremos previamente o seu consentimento válido a través de opcións claras que lle permitirán decidir a este respecto.
Complementando o antedito, no caso de que sexa operante algún outro supuesto habilitador de comunicación distinto aos mencionados, o interesado ou afectado será debidamente informado a este respecto.
Ademais, poderán ter acceso aos seus datos de carácter persoal os encargados do tratamento da presente entidade; é dicir, aqueles prestadores de servizos que teñan que acceder aos seus datos persoais para o desenvolvemento funcional ou operativo en favor da prestación a ofrecer.
A maiores, non se contemplan transferencias internacionais de datos. Ante a posibilidade da existencia de tales transferencias, estas efectuaranse coa habilitación e os requisitos precisos para iso.
Non obstante, pode solicitar máis información sobre as cesións previstas e posibles transferencias futuras, no email lorenapns@gmail.com.
8. COMUNICACÓNS ELECTRÓNICAS.
No caso de recibir comunicacións por medios electrónicos, informámoslle que as mensaxes diríxense exclusivamente ao seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se vostede non é o destinatario indicado, queda notificado de que a súa utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
Conforme co establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informámoslle que no caso de que non desexe recibir comunicacións e información de índole comercial, publicitaria ou de tipoloxía semellante, indíqueo a través do correo electrónico lorenapns@gmail.com, sinalando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS PUBLICITARIAS”, para que os seus datos persoais sexan dados de baixa na nosa base de datos. A súa solicitude será atendida nun prazo de 10 días desde o seu envío.
9. REDES SOCIAIS.
No suposto de que a presente entidade faga uso de determinadas redes sociais ou outro tipo de estruturas, medios e plataformas dixitales, e vostede se faga “amigo” ou “seguidor” nos devanditos ámbitos, poderemos tratar os seus datos para interactuar con vostede e mantelo informado das nosas actividades, servizos e promocións. Estes datos serán tratados na base xurídica do seu consentimento e serán conservados mentres vostede permaneza como “amigo” ou “seguidor” nos nosos perfís, podendo revogar o seu consentimento en calquera momento que o desexe; sen que iso afecte á licitude dos tratamentos realizados con anterioridade. O feito de facilitar os datos con este fin é voluntario; sen embargo, no caso de non facelo, non poderá ser “amigo” ou “seguidor” nas plataformas ou medios nos que actuemos.
Por outro lado, no suposto de que o presente sitio web dispoña da opción de rexistro de usuarios e permita a opción de rexistrarse mediante redes sociais, os datos persoais que serán especificamente tratados para iso procederán da rede social que se trate, á que, previamente, o interesado terá facilitado ditos datos para as finalidades previstas nas súas correspondentes políticas de privacidade. As categorías de datos tratados e recollidos desde a rede social correspondente serían as que figuren no propio formulario de rexistro e as relativas aos datos que vostede tivese facilitado á devandita rede social. Se para proceder, no seu caso, ao rexistro nesta web, fosen imprescindibles máis datos que os proporcionados pola rede social, estes serían solicitados e deberían ser cubertos adicionalmente no formulario de rexistro, suxeitos ás propias condicións de privacidade actuantes.
10. DEREITOS E INFORMACIÓN ADICIONAL EN PROTECCIÓN DE DATOS.
O interesado ten dereito a obter confirmación sobre se LORENA PENAS REY trata datos persoais que lle concirnen, así como a acceder aos seus datos persoais, solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins polos que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, o interesado poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; no cal caso unicamente se conservarán para o exercicio ou defensa ante posibles reclamacións.
Igualmente, en determinadas circunstancias e, por motivos relacionados coa súa situación particular, o interesado poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos. LORENA PENAS REY cesará no tratamiento dos datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou para o exercicio ou defensa ante posibles reclamacións. Do mesmo xeito, o interesado ten o dereito á portabilidade dos datos cando sexa tecnicamente posible e en determinados supostos.
Ademais, poderá ser retirado en calquiera momento o consentimento que se fixera previamente.
Por outro lado, e, no seu caso, dispón do dereito a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos. Isto tamén, cando proceda, ante a posible elaboración de perfís. En tales casos hipotéticos de realización e toma de decisións, sería debidamente informado a este respecto.
O interesado poderá plantexar as cuestións que considere en relación coa presente política, obter información adicional en materia de protección de datos, así como exercer os seus dereitos nos termos legalmente previstos, debendo para iso remitir unha comunicación presencialmente, mediante correo postal a: LORENA PENAS REY, Calle Alfonso Rodríguez Castelao 16, entreplanta (36680 A Estrada) ou por correo electrónico a: lorenapns@gmail.com, coa indicación da solicitude correspondente e acompañada dunha copia do DNI ou outro documento acreditativo da identidadd en canto a tal facultade de exercitar os seus dereitos. No suposto de que se actúe a través de representación, deberá achegarse, ademais, copia do DNI do representado (ou documento equivalente) e a documentación acreditativa da representación do representante.
A continuación, facilítanse os modelos para o exercicio dos diversos dereitos en protección de datos. Igualmente, pode dispoñer destes modelos e formularios solicitándoos directamente á propia entidade.
No caso de que considere que os seus dereitos non foron atendidos correctamente, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: www.aepd.es.
11. AVISO, POLÍTICA E MEDIDAS DE SEGURIDADE.
LORENA PENAS REY, tendo en conta a natureza, o ámbito, o contexto e os fins do tratamento, procedeu a implantar todas as medidas técnicas e organizativas para asegurar o correcto cumprimento da normativa de protección de datos. Isto de conformidade co disposto polos artigos 24 e seguintes do Regulamento Xeral de Protección de Datos e o artiglo 28 da Lei Orgánica 3/2018.
Igualmente, garántese a aplicación aos tratamentos de datos de carácter persoal das medidas de seguridade oportunas, requiridas e en favor da normativa actuante, para garantir o cumprimento íntegro da mesma.
12. MENORES.
Os menores de idade non poderán usar os servizos dispoñibles a través do sitio web sen a previa autorización dos seus pais ou titores como representantes legais, que serán os únicos responsables de todos os actos realizados a través desta web por tales menores ao seu cargo; incluíndo a cobertura dos posibles formularios que poidan existir e a marcación, se é o caso, das casillas que os acompañen.
Xa no referente á materia específica de protección de datos persoais, respectando o establecido nos artigos 8 do RGPD e 7 da LOPDGDD, só as persoas maiores de catorce anos poderán outorgar o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais de forma lícita. Se se trata dun menor de catorce anos, será necesario o consentimento dos pais ou titores como representantes legais para o tratamento; e este só se considerará lícito na medida en que os mesmos o teñan autorizado. En ningún caso ou circunstancia se obterán do menor de idade datos ligados á situación profesional, económica ou á intimidade dos outros membros da familia, sen o previo consentimento destes últimos.