Amante da lectura, dos libros en papel (por suposto) xa que o mellor olor do mundo está na primeira vez que abres un deles. Pero entre papel e papel, verasme con portátil e móbil en man para coidar o escaparate virtual de cada un dos nosos clientes.
Son das que cre que unha casiña na montaña (ou fronte ao mar) con moitos animaliños cerca é o soño de moitos pero tamén o meu. Mentres o consigo intento xuntar palabras que conecten co usuario no reducido espazo que ofrecen as redes sociais e algúns outros espazos.
Son das que sempre pensa en formato vertical, pode ter conversacións con stickers e emojis e ten unha referencia a un meme para cada ocasión. Ah, e a veces tamén escribo cousas serias.
O que mostramos da nosa realidade é cuestión de perspectiva, e eso mesmo é o que me ocupa, analizar as posibles conexións que cada tema pode ofrecer máis alá das evidentes porque un cambio de enfoque pode facer a diferenza.