A – ANTES DE NADA. Primeiro, presentámonos: mediante as reuniónes previas que sexan necesarias para coñecer de primeira man o teu negocio.
C – COIDANDO O DETALLE. Elaboraremos o teu Social Media Plan, un documento no que se analiza de que situación comunicativa parte o teu negocio, que pretende acadarse -tendo en conta os obxectivos xerais da empresa- e como se conseguirá (por contarcho moi resumido).
T – TEMPO. Atenderemos ao calendario para crear contigo unha planificación de contido que non se pase nada por alto. Que o día da croqueta é importante para o teu negocio? Se o é, tamén o é para nós.
U – ÚNICO. Analizaremos as necesidades de contido detectadas, procedendo á creación do material gráfico e audiovisual necesario -e único- para transmitir os obxectivos dos que falabamos antes. Estas sesións son parte indispensable do noso método de traballo, polo que se programarán as veces que se requira durante o tempo que xestionemos as túas redes sociais. Lembra, o contido é o rei!
A – ACCIÓN. Creamos o contido completo para a súa difusión: damos forma ás túas mensaxes nos formatos máis axeitados para cada caso e ocupámonos de todo, desde a redacción ao deseño, desde a idea á publicación e desde a publicación á medición.
L – LISTO! Pero non rematado, mantemos o contacto diario cos nosos clientes por se un imprevisto de última hora afecta ao contido.
ANTES DE NADA. Coñecemos o teu negocio a través de reunións previas.
COIDANDO O DETALLE. Desenvolvemos o teu Social Media Plan, analizando a túa situación comunicativa, os obxectivos e as estratexias.
TEMPO. Creamos contigo un calendario de contidos adaptado ás data relevantes para o teu negocio.
ÚNICO. Producimos contido gráfico e audiovisual exclusivo, con sesións programadas segundo as túas necesidades.
ACCIÓN. Encargámonos de todo o proceso: desde a creación dos contidos ata a súa publicación e análise.
LISTO! Mantemos un contacto constante para atender calquera imprevisto.
Porque todo depende dun mesmo equipo coordinado e que coñece ao xefe de cada marca polo seu nome.
Porque elimina esperas: a nosa pequena cadea de traballo está tan ben engrasada que é unha auténtica piña ao servizo das túas necesidades.
Porque, en consecuencia, o noso método de contacto diario con cada cliente fai que o coñecemento sobre a túa empresa sexa óptimo.
Porque ganas tempo: esquece centralitas e opta por saber que ao outro lado do teléfono está a persoa que publica nas túas redes sociais.
Porque, en definitiva, as túas redes sociais deixarán de ser motivo de estrés. Esquecerás que estás sen deixar de estar!
A idea? Que poidas esquecer as túas redes sociais e, polo camiño, acades a profesionalidade que a xestión da túa comunicación merece.
Aínda quedaba algo por contarche: redactamos notas de prensa, organizamos aparicións en medios de comunicación ou atendemos á túa imaxe de marca pero iso podes velo mellor aquí.